Novas

Actualidade. Noticias

27/06/2008
Estréase película sobre Café de Comercio Xusto
Desde o venres 28 de marzo ata o 3 de abril podedes ir ver nos cines das principais cidades de España a película “Blackgold” (“Ouro Negro” en español)

A longametraxe pon de manifesto o abismo existente entre o consumo e a produción do café: mentres unha cunca de café cada vez é máis cara nas nosas cafeterías, aos campesiños que cultivan o gran en Etiopía, berce dos mellores cafés do mundo, págaselles tan pouco que se ven obrigados a escoller entre abandonar os seus campos ou sobrevivir na miseria. O café é a segunda mercadoría comercializada máis valiosa do mundo. 'Ouro Negro' mostra os diferentes actores implicados e a complexidade da cadea produtiva e comercial do café: desde o enorme poder das multinacionais, á imposición de prezos en Bolsa, á organización de cooperativas de caficultores que apostan polos criterios do comercio xusto.


ISAAN Entertainment e a distribuidora Karmafilms, celebrando o Mes do Cine Solidario, trouxeron ata as pantallas dos nosos cines esta película dos irmáns Marc e Nick Francis, seleccionada nos mellores festivais de cine durante o ano 2007. Podedes consultar as cidades onde se proxectará en http://www.karmafilms.es/mesdelcinesolidario/default.html


SETEM, no marco da súa Campaña de sensibilización para promover o café de comercio xusto nas cafeterías das universidades en todo o Estado español, divulgará 'Ouro Negro' en videofórums nos diferentes campus universitarios. Esta Campaña realízase en acordo con ISAAN e Karmafilms, e grazas ao apoio de AECID. Iremos informando sobre as diferentes proxeccións que ofreceremos.