Este ano RedCafé-CLAC participará neste evento en representación dos pequenos produtores e produtoras de café de Comercio Xusto de América Latina e o Caribe e se dará a coñecer entre as empresas do sector á vez que presentará mostras de cafés especiais.
O Congreso disporá dun espazo de exposición con dez postos e dun extenso programa de actividades que incluirá relatorios, catas e actividades lúdicas e turísticas destinadas ao público participante.
Nesta ocasión, e durante a celebración do congreso, terá lugar o curso “Sector do café: modelos de xestión empresarial”. Ante a actual situación económica, o propósito desta formación é mostrar distintos modelos pra mellorar a xestión empresarial e familiarizarse co proceso de cata de café verde pra ofrecer unha maior calidade ao cliente final.
Dende 1979, o Congreso do Café celébrase cada dous anos co obxectivo de dar a coñecer as últimas novidades do sector do café e o mesmo tempo, brindar un espazo comercial e de debate ás empresas e organizacións participantes.