Novas

Actualidade. Noticias

24/01/2008
Congreso Internacional de Comercio Xusto


Os próximos 22 e 23 de febreiro celebrarase en Palma de Mallorca un Congreso Internacional sobre Comercio Xusto centrado no café.

Descargar

O Congreso tratará de incidir en cuestións de desenvolvemento, comercio xusto e sensibilización, de forma que tanto no Sur como no Norte as accións se suman a favor das miles de familias que viven do cultivo do café.


Entre os obxectivos do encontro achamos o aumento da calidade dos cultivos e o prezo que as familias produtoras reciben polo seu café, a promoción do acceso aos mercados, a negociación xusta entre compradores e produtores e o desenvolvemento sostible.


Intervirán nos relatorios representantes da Organización Internacional do Café, organizacións produtoras do Sur (CONCAFÉ, CEPICAFÉ, CAFENICA, GUAYA'B), ONGs españolas que traballan no sector do Comercio Xusto (Intermón Oxfam, SETEM, S'Altra Senalla), representantes de Certificadoras e Administracións Públicas.