As organizacións de pequenos produtores de café que actualmente forman parte do programa de Fortalecemento de organizacións de pequenos produtores/as de café en Mesoamérica teñen unha ampla traxectoria no mundo do Comercio Xusto e adquiriron coñecementos moi valiosos nos seus anos de comercialización e cooperación con actores de Estados Unidos, Europa e Xapón. Son organizacións con principios claros que loitan para mellorar as condicións de vida dos seus socios e socias: as familias dos pequenos produtores.
Todas estas organizacións articúlanse en redes internacionais para buscar sinerxías, definir estratexias comúns e expor alternativas dentro do movemento do Comercio Xusto. A maioría forman parte da palataforma Red Café-CLAC (Coordinadora Latinoamericana e do Caribe de pequenos produtores de Comercio Xusto) e son contrapartes comerciais altamente confiables.