Tomamos un café xusto?. Experiencias destacadas. Departament de Justícia

Coa vontade de dar cumprimento á Resolución 285/V do Parlament de Catalunya de 3 de abril de 1997 de apoio ao Comercio Xusto e solidario, e a Resolución de 8 de outubro de 1991 do Parlamento Europeo que facía un chamamento a utilizar exclusivamente café de Comercio Xusto nas súas dependencias, o Departament de Justícia da Generalitat de Catalunya, nos pregos do documento Exp. JU-212/04, esixe a adhesión do adxudicatario ao programa dunha institución que teña competencia para certificar e garantir a expedición de café de Comercio Xusto nas súas máquinas de venda automática:

En canto ao café que distribúan as máquinas expendedoras de bebidas quentes, débese garantir que a súa obtención faise en condicións xustas para os que están ao comezo da súa cadea de produción (debe estar certificado como café de Comercio Xusto) (...) “Para os efectos anteriores, todas as máquinas de bebidas quentes xestionadas polo adxudicatario no marco do presente contrato, deberán estar debidamente sinalizadas co fin de que todos os usuarios teñan coñecemento que o café que se distribúe está certificado como de Comercio Xusto.”

Actualmente o departamento de Xustiza ten 16 máquinas de bebidas quentes repartidas en 16 edificios nos que traballan aproximadamente unhas 3034 persoas.