1. Temos información sobre as organizacións de pequenos produtores e a garantía de que foi elaborado en condicións dignas.
- ORGANIZACIÓNS DEMOCRÁTICAS e participativas, propiedade dos pequenos produtores e produtoras.
- ELIMINACIÓN DO TRABALLO INFANTIL e igualdade de oportunidades para as mulleres.
2. Acórdase coas organizacións un prezo polo café que permite cubrir os custos de produción e investir no desenvolvemento das comunidades.
- PREZO DE GARANTÍA superior ao prezo do café fixado nas bolsas internacionais.
- 5% DO PREZO DE GARANTÍA destinado a proxectos nas comunidades.
- FINANCIACIAMENTO DE ATA O 60% de cada pedido.
3. Dáselles apoio aos grupos caficultores para fortaleceren as súas estruturas organizativas
- EMPODERAMENTO dos campesiños e campesiñas.
- APOIO a PROXECTOS de desenvolvemento local.
4. Impúlsanse relacións comerciais directas a longo prazo.
- ELIMÍNANSE INTERMEDIARIOS INNECESARIOS
- RELACIÓNS COMERCIAIS ESTABLES e a longo prazo.
5. Obtéñense cafés respectuosos co medio ambiente que a miúdo se cultivan en pequenas propiedades boscosas.
- TÉCNICAS DE CULTIVO RESPECTUOSAS co medio ambiente.
- PRESERVACIÓN DE BOSQUES TROPICAIS grazas aos cafetais en zonas de amortecemento
6. Favorécese a diversificación produtiva para garantir a alimentación de familias e a venda nos mercados locais.
- SEGURIDADE E SOBERANÍA ALIMENTARIA
- CULTIVO DE ESPECIES AUTÓCTONAS PARA AUTOCONSUMO
- DESENVOLVEMENTO DE MERCADOS LOCAIS