Vietnam, un dos principais provedores do Estado español xunto con Brasil e Uganda, aconsellado por organismos internacionais incrementou considerablemente a súa superficie de cafetais sacrificando bosques, pondo en perigo os sistemas naturais de retención de auga, utilizando grandes cantidades de fertilizante e pesticidas químicos e provocando un rápido esgotamento do chan.
Os cultivos intensivos do café substituíron aos cultivos autóctonos e forzaron migracións desde as zonas costeiras cara ao interior, orixinando graves enfrontamentos sociais sufocados con rigor.