Café tradicional
- Non temos suficiente información sobre a orixe do café nin ningunha garantía sobre as condicións en que se produciu.
- O prezo decídese nas bolsas de Nova York ou de Londres e a miúdo non cobre as necesidades básicas das familias produtoras.
- As relacións comerciais son con frecuencia inestables e provocan inseguridade nos grupos produtores.
- Non hai un trato directo cos grupos cafeteiros e algúns intermediarios obteñen beneficios millonarios.
- A miúdo cultívase en grandes plantacións onde é común o uso de pesticidas e agroquímicos.
- Os grupos cafeteiros dependen excesivamene da venda do café e son moi vulnerables ás baixadas de prezos.
- Baséase nun modelo de relacións comerciais que a miúdo favorece os intereses dos máis ricos en contra dos máis pobres.
Café de Comercio Xusto
- Temos información sobre as organizacións de pequenos produtores e a garantía de que se elaborou en condicións dignas.
- Acórdase coas organizacións un prezo polo café que permite cubrir os custos de produción e investir no desenvolvemento das comunidades.
- Dáse soporte aos grupos cafeteiros para dar forza ás estruturas da súa organización favorecendo relacións comerciais a longo prazo.
- Elimínanse intermediarios innecesarios e establécense relacións comerciais máis directas coas organizacións produtoras.
- Obtéñense cafés respectuosos co medio ambiente que a miúdo se cultivan en pequenas propiedades boscosas.
- Favorécese a diversificación produtiva para garantir a alimentación de familias e a venda nos mercados locais.
- Baséase noutra forma de relación comercial, solidaria, xusta, participativa e responsable que dá un trato preferente aos máis desfavorecidos.
A SOLUCIÓN ESTÁ NAS TÚAS MANS