APECAFÉ

A Asociación de Pequenos Produtores de Café do Salvador (Apecafé) foi fundada en 1997. Esta cooperativa de segundo nivel representa a 10 cooperativas produtoras de café en distintas áreas do Salvador. En total, conta con 418 pequenos produtores (72 mulleres e 346 homes). Apecafé foi creada para producir e exportar café ao mercado internacional. O propósito xeral da cooperativa é o de mellorar as condicións económicas e sociais de cada un dos pequenos produtores. A cooperativa apoia aos membros a utilizar a tecnoloxía adecuada na plantación e proceso do café. Deste xeito, non só produce o mellor café, senón que ademais protexe o medio ambiente.