Que agocha o café?

Uns 25 millóns de familias dos países do Sur viven do café e afrontan as consecuencias dunha grave crise derivada das míseras remuneracións que reciben froito do seu traballo.


O prezo do café, fixado nas bolsas internacionais dos países do Norte, caeu un 70% desde o ano 1997.


Cinco empresas multinacionais (Kraft Suchard, Nestlé, Procter&Gamble, Sara Lee e Tchibo) compran case a metade dos grans de café que se consomen no mundo e xeran beneficios de billóns de dólares, pero estas ganancias non chegan ao outro extremo da cadea.


As grandes multinacionais e os seus intermediarios pagan aos pequenos produtores/as uns prezos que, en moitos casos, están por baixo do custo de produción. Son unhas cantidades tan escasas que non cobren as necesidades básicas das familias produtoras.


Os pequenos produtores de café están en proceso de construción de estruturas organizativas, produtivas e comerciais capaces de influír positivamente en condicións de vida das súas comunidades e facerse un espazo nas redes internacionais de distribución de café.