Que agocha o café?. Cultivo e consumo

A árbore do café cultívase en países do Sur de clima tropical e consómese principalmente no Norte.

O paradoxo é que os pequenos produtores de café teñen dificultades para cubrir as súas necesidades básicas mentres os consumidores e consumidoras cada día pagan máis por unha cunca de café.

Os cidadáns do Sur cultívano e os cidadáns do Norte bébeno.

Quén sae gañando?

O consumo mundial de café móvese ao redor dos cen millóns de sacos ao ano. Dese total, o 77% consómese nos países importadores do Norte e só o 23% restante nos países produtores do Sur.